Introdución: eViacam, un proxecto exemplar

Tal e como escribe Bruno Torres no seu blog, acesibilidade non é puro altruísmo, e si, preocuparse do próximo con intelixencia e visión mercadotécnica. Pois facer acesibles as súas publicacións, produtos e servizos para un público non convencional con necesidades especiais, significa comprender a un público potencial tanto no aspecto social como económico.

Dando continuidade a esta liña de razoamento, acesibilidad aplicada á Web, significa que persoas con necesidades especiais sexan perfectamente capaces de usala. E para acadar este obxectivo, nada máis lóxico e sensato que o aproveitamento da evolución do hardware e do software para o desenvolvemento de mecanismos e interfaces.

A acesibilidade contempla todo tipo de necesidades especiais, incluíndo as visuais, auditivas, físicas, de fala, cognitivas e neurolóxicas. Neste documento veremos como habilitar unha interface para interpretar os movementos da cara e transformalos en movementos e accións para o punteiro do rato. Deste xeito, persoas con dificultades de mobilidade poderán controlar o cursor do rato só co movemento da súa cara. Para accionar o clic do rato basta manter a cara sen movemento durante algúns segundos sobre o obxecto que recibirá a acción do clic.

Os recursos de vídeo captura e visión computacional foron requisitos básicos para o desenvolvemento do proxecto eviacam. Este proxecto permite que persoas imposibilitadas para utilizar os membros superiores manexen computadores persoais. O principal obxectivo é converter a webcam nun dispositivo de entrada independente das mans. Vemos a continuación un vídeo de mostra do proxecto:

Para complementar esta ferramenta suxiro Dasher, unha aplicación creada para deficientes motores que permite escribir nun teclado virtual convencional. Utilizando un novo concepto para a entrada de carácteres sen o uso de teclado, «o obxectivo era crear un sistema que puidese ser tan rápido como un teclado e non esixise que a persoa tivese dez dedos nin capacidade de utilizar o teclado», dixo David MacKay, xefe do equipo que desenvolveu o programa e membro do departamento de física da Universidade de Cambridge (Gran Bretaña). A continuación un gif animado amosando a operatividade do proxecto:

GIF animado del programa Dasher.

Método rápido: Descarga e instalación a partir do código fonte:

Sen entrar en moitos detalles, a continuación, vemos as dependencias de software e procedementos para a instalación do proxecto eViacam:

Requisitos:
* wxWidgets >= 2.6
* opencv = 1.0
* gtk+-2.0

Realice a descarga coa orde «wget», descomprima o paquete coa orde «tar -zxvf» e compile as fontes coa secuencia ordenes seguintes:

$ wget http://hivelocity.dl.sourceforge.net/sourceforge/eviacam/eviacam_1.0.1.orig.tar.gz
$ tar -zxvf eviacam_1.0.1.orig.tar.gz
$ cd eviacam-1.0.1/
$ ./configure
$ make
# make install


Para iniciar o programa execute a orde «eviacam», se todo funciona correctamente, teremos a seguinte pantalla:

Para probar a súa funcionalidade, basta situar a cara no retángulo e facer clic no botón verde para iniciar o proceso. O cursor do rato desprazarase seguindo o movemento da cara. É importante resaltar que para o perfecto funcionamento do sistema, a súa webcam deberá traballar no rango de 25 a 30 cadros por segundo. Para cámaras que traballan co driver «pwc», utilice o programa «setpwc» conforme o exemplo a continuación:

$ setpwc -f 30

No item «Configuración» do menu principal podemos configurar a velocidade do rato e a aceleración entre outros axustes.

O comportamento do clic configúrase na pestana «Clic»:

O sistema pode executar automaticamente eViacam facendo clic na opción «Activado ao iniciar»:

É importante activar na pestana «Avanzado» a localización automática de rostros.

No bordo superior esquerdo podemos modificar, entre outras, as opcións de clic.

Como se trata dun proxecto especial, que pode beneficiar a persoas con necesidades especiais, estou especialmente disposto para axudar na implantación cando a causa sexa para unha axuda humana. Creo que este proxecto pode abrir portas para outros proxectos.

Como sempre digo: Colaborar atrae amigos, competir atrae inimigos...

Autor: Alessandro de Oliveira Faria
Orixinal: Viva o Linux

Traducción: Miguel Bouzada