eViacam: Project Web Hosting - Open Source Software

Enable Viacam

Català English Castellano Galego Italiano

Descargar eViacam

Capturas de pantalla

Detalles do proxecto

Foros de axuda

Achega do proxecto

Enable Viacam (eViacam) é un programa de computador que substitúe a funcionalidade do rato permitindo mover o punteiro a partir do movemento da cabeza. Funciona nun ordenador PC equipado cunha cámara web, sen elementos adicionais. eViacam está baseado no programa Rato Facial galardoado con varios premios.

Vídeos e artigos

video 1 link video 2 link video 3 link video 3 link

Máis vídeos

makeuseof.com review

Plataformas soportadas

GNU/Linux
Windows 2000/XP/Vista

Descarga e instalación

Para Windows a opción máis simple é descargar e executar o instalador.

Para Linux proporciónanse binarios .deb e .rpm pre-compilados e codigo fonte.

Pode consultar este articulo (en Português do Brasil ou a traducción ao galego) onde atopará instrucións adicionais relativas á compilación, instalación e uso de eViacam baixo GNU/Linux.

Instrucións de uso

Primeiro fai falta instalar e configurar correctamente a cámara web. É moi importante configurar a cámara en modo de exposición manual e axustar este parámetro para obter 25 fps ou máis de velocidade de captura. A maioría de cámaras modernas proporcionan ata 30 fps. Consulte o manual da cámara en caso necesario.

NOTA PARA LINUX: se utiliza unha cámara soportada polo controlador pwc (ex. algunhas cámaras baseadas no chipset de Phillips como a Logitech Quickcam PROL 4000, Creative Webcam 5 e outras) pode querer executar:

setpwc -f 30

antes de executar eViacam para configurar a velocidade de captura. Comprobe que ten permisos para acceder á cámara.

Unha vez instalado execute evicam (evicam.exe para Windows). O programa debe abrirse, detectar automaticamente a cámara e mostrar a imaxe en tempo real.

Sitúe a cámara para obter unha imaxe frontal da súa faciana. A anchura deste, á imaxe, debe ser aproximadamente un terzo da anchura do cadro. Fai falta centrar o rectángulo de seguimento (azulado) ao redor da súa faciana movendo a cámara ou desprazando o cadro co rato (clic na esquina).

Active a opción para iniciar a función de control desde o menú Ficheiro. Probe a mover a cabeza e observe o resultado. Pode axustar a sensibilidade (velocidade eixos X e Y) a través do diálogo de configuración. Debe poder facer chegar o punteiro a calquera lugar da pantalla.

Para facer clic só fai falta parar o punteiro sobre a localización desexada. Nuns instantes xerarase un clic de forma automática (este tempo de demora pódese axustar desde o diálogo de configuración). Utilice a ventá encastada da parte superior para escoller entre os diferentes tipos de clic.

Licenza

eViacam proporciónase baixo licenza GNU/GPL.

Contribucións

Axudanos probando, desenvolvendo e mellorando eViacam. Máis detalles.

Agradecementos

eViacam foi desenvolvido grazas ao apoio de:

Generalitat de Catalunya Departament de Governació i Administracions Públiques Secretaria de Telecomunicacions i Societat de la Informació

Associació Provincial de Paràlisi Cerebral de Tarragona

Julian Aloofi (Bug reports)
AluminiuM (Asturianu translation)
Miguel Bouzada (Galego translation)
Antonio Capone (Italiano translation [website])
Karl L. Gechlik (makeuseof.com review)
Giuseppe Masciopinto (Italiano translation) Site.
Alessandro de Oliveira Faria (Tutorial and demo video)
Anıl Özbek (Türkçe [Turkish] translation)
Samuel Thibault (Bug reports)
Aldo Maria Vizcaino (Linux desktop entry)
Theodore Watson (videoInput code)
... and many other! Thanks all!

Autor

eViacam é (C) Copyright 2008-2009 de Cesar Mauri Loba
Podes contactar a través da dirección: cesar arroba crea-se punto com
A web oficial é: http://viacam.org

CREA Sistemes Informàtics

 

©Copyright 2008 - 2009 - Cesar Mauri Loba - CREA Sistemes Informàtics

Get eViacam at SourceForge.net. Fast, secure and Free Open Source software downloads